María desenvolve un obradoiro no que comeza co cuestionamento da información que recibimos: son verdadeiras ou falsas? En que nos baseaomos para establecer esta distinción cando accedemos a informacións?
Maria explica como é necesario que se identifiquen fontes da noticia, autor, medio que a publica e despois explica estrutura dunha noticia, que é perfectamente copiada polas noticias falsas.
Na seguinte actividade len noticias sobre a última folga xeral en España que son contraditorias: éxito ou fracaso. A explicación ten que ver coa subxectividade da información.
Na parte final do obradoiro cada grupo debe elaborar un vídeo no que trata un tema obxecto dos chamados “bulos”, no que deben en primeiro lugar coñecer en que consiste a falsa noticia para, a seguir, facer unha análise máis obxectiva da mesma para neutralizaren as falsedades que agochaba.