No IES de Brión rematamos o trimestre cun novo obradoiro de EPD Lab!
Desta vez reflexionamos sobre o poder que ten a linguaxe, como a forma pode mudar o contido do que se quere dicir. Para elo, traballamos sobre distintas noticias e imaxes comprobando os diferentes xeitos de entendelas e como o racismo está máis presente do que pensabamos. Por que nunha noticia é necesario dicir que a persoa é marroquí? Por que nos soa raro entón cando, en cambio, dicimos que é “cuarentona” ou “loura”? Todo isto nos fixo pensar moito e saíron reflexión moi interesante que, seguro, cambiaron algo en nós.
Para rematar poñendo un pouco de humor ao asunto, empregamos a app Meme Generator! Fixemos memes xogando coa linguaxe e as imaxes e, así, poñendo en evidencia o absurdo de ser racista.
Vémonos á volta!