Prexuízo. Que palabra! Ningún de nós ten prexuízos, verdade? Pero en realidade, se comezamos a escarvar, algo sempre acaba saíndo, ese pero que engadimos ao final das frases: eu non son racista, pero…
Hoxe traballamos sobre todo cos textos e as imaxes dos medios de comunicación, pero poderían ser das redes sociais, das conversas na rúa… Como nos inflúe a linguaxe utilizada ou as imaxes seleccionadas para crear en nós ideas preconcebidas, temores, sentimentos negativos, PREXUÍXOS? Podemos pensar que somos alleos a esa influecia, que temos as ideas claras e a nós non nos inflúe a percepción doutros, pero é isto así? Roi repartiunos unha serie de noticias con case todo o texto en sombra, só podíamos ler palabras salteadas: asalto, ilegal, violencia, fronteira, ataque…. Todas elas falaban de inmigración. Falar de inmigración con vocabulario do campo da violencia, do bélico, do perigoso… Que nos están a transmitir?
Fixemos moita reflexión sobre o uso da linguaxe nos medios, e para rematar a sesión o alumnado creou os seus propios memes contra o racismo e a desigualdade.
Foi unha sesión moi proveitosa, unha gran forma de rematar o ano e comezar outro cu
nha visión distinta dos medios, do seu traballo e do noso papel como consumidores de información.
Ata a próxima!