Enterámonos do que pasa no mundo a través dos medios de comunicación e estes, a menudo, presentan a información de xeito subxectivo. Neste terceiro obradoiro traballamos os prexuízos que marcan aos colectivos minoritarios e reflexionamos sobre as fake news que fomentan os rumores e o odio cara as minorías máis indefensas.

A través de distintas noticias traballamos os conceptos de opinión, información, ficción, non ficción e realidade e tratamos de conectar certos rumores con estatísticas oficiais para saber de primeira man que é o que de veras acontece e a influencia ou o dano que moitas veces poden chegar a causar os prexuízos.

Analizamos mensaxes multimedia de distintos medios de comunicación e debatimos sobre que son a subxectividade e a obxectividade para reflexionar posteriormente creando os nosos propios memes contra estes prexuízos.

Nós xa o temos claro, e ti? #Stoprumores