Comezan Lara e Roi cun fragmento dunha entrevista de Iñaki Gabilondo a Rosa Díez no que esta cualificara a Zapatero como “gallego, en el sentido más peyorativo del término”.
Na primeira actividade as e os estudantes reúnense en grupos de 2 a 4 persoas para traballaren cun texto no que só se entenden algunhas palabras para que traten de reconstruír o seu significado. Posto que carecen de elementos de xuízo, deberán empregar os seus prexuízos para completáreno e estes veranse condicionados tamén pola propia subxectividade dos medios de comunicación.
Roi reparte unhas fotografías para que relacionen esta cun xénero cinematográfico.
Faise unha revisión á linguaxe sensacionalista empregada nos medios, que inclúe información innecesaria e fomenta as actitudes prexuizosas (en vez de “persoa”: negro, xitano, albanés, …)
Os e as estudantes elaboran memes ao respecto destes prexuízos.
Na parte final do obradoiro os alumnos e as alumnas responden a unha serie de preguntas sobre os prexuízos.