Este espazo está destinado á publicación da nosa experiencia no proxecto. Farémolo mediante o formato de diario ou bitácora da actividade, contando en primera persoa como foi a nosa participación nela. Docentes, coordinadoras e alumnado teremos a liberdade de compartir aquí a nosa visión, co obxectivo de poñer en común as fortalezas e vulnerabilidades que atopemos, así como de crear unha ferramenta que permita avaliar, replicar e adaptar o proxecto para outras escolas ou grupos educativos.
Arrinca o EpDLab 19-20: fotografías pola igualdade
Este mes de outubro comezamos de novo co EpDLab. Esta vez inauguramos a quinta edición do proxecto no IES O Milladoiro, para continuar co Pintor Colmeiro de Silleda, o Carlos Casares de Viana, o Illa […]