Roi e Lara viñeron nesta ocasión para traballaren con novos aspectos derivados da sesión anterior, como a violencia de xénero en ámbitos como a publicidade, os medios de comunicacion, os cantantes, as series de TV…
Ábrese un debate baseado na análise das palabras e das imaxes, que revelan de forma sistemática a presenza do sexismo no que as e os estudantes participan.
Coméntase tamén o tratamento que fan os medios de comunicación das noticias relacionadas coa violencia de xénero, algo no que todo o grupo chega a parecidas conclusións: o sexismo é constante no tratamento da información sobre a violencia contra as mulleres.
Na parte final do obradoiro desenvolveuse unha actividade baseada na dobraxe de vídeos (coa app MadLipz) para denunciar a violencia de xénero en todos os seus graos. Todos e todas participan activamente.