Desta volta tocou a desmitificación do amor romántico. Nada se xustifica por amor, e menos o acoso, a posesión ou calquera outro tipo de violencia. Hoxe María estivo inmensa, e o grupo agradeceuno, porque cando alguén cre firmemente no que conta, nótase!! Desmontamos esceas de series nas que as personaxes masculinas tentan manipular, controlar e dominar ás personaxes femininas. Dobramos unha escea na que o home tentaba que a muller fose “súa, del…” e para iso prohibíalle contactar con outros homes nas redes sociais, agás nenos e gays… en fin… noxento…