No IES de Brión inauguramos o noso primeiro EPDLAB! Foi unha experiencia interesante e entretida, na que aprendimos moito e pasámolo moi ben.
Roi foi o encargado de guiarnos desta vez. Reflexionamos sobre temas actuais como os estereotipos que mulleres e homes levamos con nós:
Tamén falamos sobre o tratamento da información nos medios de comunicación, en concreto, da relacionada coas mulleres. “Non pode ser!”, escoitouse na clase ao ver algúns dos titulares… Por iso, á vez que debatimos e reflexionamos sobre estes temas, tamén aprendimos a utilizar varias app coas que creamos mensaxes como as seguintes: