Por fin botou a andar o Epdlab no IES Milladoiro, e foi unha primeira xornada ben proveitoso. Recibimos a María, que nos presentou o proxecto e as canles de difusión e fixemos a enquisa inicial para ver como andamos no uso de novas tecnoloxías, medios, coñecemento das problemáticas actuais… cousiñas que iremos traballando durante o curso. 

Nesta primeira xornada abordamos o tema dos roles de xénero. Somos mulleres e homes tan distintos como nos queren facer crer? Certo é que os nosos corpos presentan certas diferenzas, pero iso inflúe nas nosas capacidades, no noso xeito de ver e sentir? E que hai da imaxe que os medios presentan de ambos sexos? Somos tratados e tratadas con equidade? Utilizan o mesmo raseiro para valorar os nosos méritos? De seguro que estes temas segu

irán a dar moito que falar nas vindeiras sesións, e seguro tamén que, como sucedeu neste primer acercamento, sorprendémonos dos comportamentos ou pensamentos que temos tan interiorizados que xa nin nos cuestionamos a súa validez.

Para rematar o alumnado creou algunhas fotos con mensaxes reivindicativas da igualdade, mostrando a súa creatividade e todo o que aprenderon nesta primeira sesión.

Que bo isto de facernos preguntas sobre cousas que ás veces damos por sabidas. Agardamos con ansia a próxima visita.