Iniciouse a actividade con ambiente na aula positivo e cheo de curiosidade e expectativas.
Todo o mundo participa e tamén se divirte. Hai risos e actividade nos grupos. O barullo é creativo.
Aparecen cuestión nas que non repararan sobre a sua propia forma de entenderse e de entenderen os demais, cuestións que teñen a ver cos preconcebidos asociados co sexo.
Na parte final da actividade móvense por toda a aula para crearen a foto contra o machismo que colgarán na rede.
María, que dirixiu a actividade é despedida con ovación.