Arrincamos co primer obradoiro de EpdLab deste curso e non poderiamos facelo dun xeito mellor.
Comezamos traballando a igualdade e a inclusión social co obxectivo de reflexionar sobre o papel que desempeña e como nos afecta no noso día a día, preguntándonos que é a identidade de xénero e como a sociedade constrúe modelos que veñen a reforzar estes estereotipos.
Primeiro, en dous grupos, cada un cunha cartolina coa silueta dun home e unha muller, fomos engadindo cualidades e adxectivos que os definen para logo facer unha posta en común e ver se isas cualidades vinculadas a cada un dos sexos eran intercambiables. Debatimos sobre esas diferenzas e vimos que ás veces son meros estereotipos.
Tras falar brevemente sobre os roles de xénero a través do video Always Like a Girl, valoramos o tratamento da muller na prensa deportiva e reflexionamos sobre como nos poden influir á hora de construir a nosa identidade.
Para rematar, en pequenos grupos e partindo dunha fotografía, elaboramos o noso mensaxe pola igualdade. En definitiva, unha sesión moi enriquecedora para pararse a pensar e reflexionar sexismo e roles de xénero nos medios de comunicación!