O alumnado e docentes do IES Pintor Colmeiro traballamos nesta ocasión sobre o consumo responsable.
Mediante a análise crítica da publicidade e apoiándonos en ferramentas web como Intermón Oxfam, agora somos máis conscientes da soberanía alimentaria que nos invade e como cada marca intenta vender os seus produtos asociando a súa marca a unha misión en valores que pouco ou case nada se asocian coa realidade que existe detrás da marca.
Tamén traballamos e reflexionamos sobre o consumo local, trazabilidade de produtos, tranxénicos, ecoloxía, …
Na segunda parte, xa coas ideas máis claras e conscientes da mensaxe oculta en moitas ocasións detrás das marcas, mediante a App Canva creamos numerosos exemplos de contrapublicidade!!!
Traballamos con diversas marcas como Coca-Cola, Donuts, Fanta…
Ademais tamén tivemos tempo para facer entrevistas.
Sen dúbida esta foi unha das sesións máis enriquecedoras!!!