Un ano máis rematamos o proxecto EpdLAB. Un ano más e de novo, novas aprendizaxes. Aínda que a estrutura xeral do proxecto mantense dende o primeiro ano con un obradoiro de 100 minutos ao mes por cada centro, e a temática xeral tamén se mantén coa idea a de construír unha cidadanía crítica a partir da análise dos medios de comunicación a da creación de contidos alternativos, o proxecto esixe estar en constante movemento e adaptación. Porque en cada sesión sae un debate distinto, hai unhas ideas diferentes e temos que adaptarnos. Porque cada ano os grupos son un pouco diferentes e temos que adaptarnos. E porque cada ano a realidade sobre a que traballamos muda, tamén temos que adaptarnos.

Quizais, este exercicio de adaptación constante e unha das cousas que máis desfrutamos. De xeito, no equipo que estamos detrás do proxecto constantemente nos mandamos enlaces de novas para empregalas o curso que vén. Procuramos incorporar modificacións que lle dean máis sentido ás temáticas (e xa temos unha cantas para o próximo curso!) Porque EpdLAB é un proxecto vivo no que queremos chegarlle ao alumnado achegándonos aos seu centros de interese. Neste sentido, un ano máis, as sesións que máis interese despertaron foron nas que falabamos sobre o machismo, e pensamos que as que menos nas que falabamos de refuxiados. O cal non deixa de ser unha representación da sociedade onde prestamos máis atención ao inmediato, ao “eu”, en non tanto ao que percibimos como afastado, aos “outros”. Queda traballo por facer!

Igualmente, unha variación que fixemos este ano foi a de incorporar dous grupos máis reducidos de alumnado non da ESO senon de PMAR ou FP básica. Estes grupos, polo xeral, precisan de máis apoio e pensamos que participar nun proxecto como este podía motivarllos e ser como un pequeno premio. O balance que facemos desta experiencia é variable, se ben é certo quen en cada un destes grupos a metade deles participaban con ganas e xeraron debates moi interesantes, tamén é certo que a creatividade e autonomía que manexaban era moi reducida con respecto aos grupo clase habituais. Pensamos que este ano aportamos uns momentos de distensión a estes rapaces aínda que a sensación é de que os sistema educativo, con grupo deste tipo, está marcar a xenet noi nova dende o principio e que a falta de interese, neste grupos, é contaxiosa. A quen lle corresponda, haberá que traballar para buscar outras fórmulas.

Centrándonos de novo no proxecto, un ano máis o encontro que tivemos en Silleda foi do máis valorado. Da gusto ver como rapaces e rapazas de idades diferentes, de lugares diferentes e de gustos diferentes xúntanse e rin, falan, traballan e en xeral pásano ben. Porque en EpdLAB tamén queremos que os participantes o pasen ben, que se sintan a gusto e libres de opinar. Este último día pedímoslles que apuntaran en post-its ideas, coñecementos que aprenderan nestes 9 meses con nós. Todos os anos enumeran unha morea de cousas e este ano non ía ser menos, pero de todas elas destacamos unha que para nós foi emocionante ler:

– “Que aprendizaxe destacarías deste 9 obradoiros?”

– “A vivir sen medo ao descoñecido”.