Aquí estamos!,  xa case rematando e xa con ganas de máis. Nesta ocasión vou recoller as palabras dunha das alumnas que participa neste proxecto. Pidinlle que me resumira as últimas sesións, que me dixese que impresión lle causaran, e díxome o seguinte: “Estes últimos días no EpdLab estivemos traballando sobre a visión do mundo, as ONG e as marcas. O que máis nos gustou foi facer “Stop Motion”, unha técnica cinematográfica baseada na toma de fotos de cada movemento para despois xuntalas e crear animacións”

Conclúe engadindo o seguinte: ” GRAZAS a este proxecto, porque nos seus obradoiros debatimos sobre temas tan importantes como son o machismo, a inmigración, os dereitos humanos,etc. É un pracer desfrutar das vosas charlas e colaborar nestes talleres!”

Xa vedes, todos e todas repetirían. Queda aínda unha sesión máis, pero xa empezan a envexar a aqueles e aquelas que participarán no EpdLab o curso que ven.