Podemos dende a nosa vida cotiá facer accións para mudar a realidade? Esta nas nosas mans conseguir pequenos cambios? Poden ser estes cambios catalizadores doutros maiores? Nós temos a seguridade de que si, senón non realizariamos este proxecto. E a sesión 8 vai disto: visibilizar que os cambios son posibles, e só son posibles se cooperamos e traballamos por unhas metas comúns.

Nesta sesión sempre plantexamos que todo o que coñecemos está mediado por un punto de vista. Todo. Ata o mapa que temos na cabeza de como é o mundo non deixa de ser unha interpretación. O mundo pode verse de moitas formas según onde poñamos o aceno, onde fixemos a mirada. EpdLAB fala moito de cuestionar a nosa mirada, dende o máis próximo ata a escala global. Por iso nesta sesión vemos como sería o mundo atendendo a diferentes criterios como pode ser o acceso a sanidade ou educación, o acceso a alimentos, etc.

Unha vez rematado este plantexamento comenzamos a falar de cambiar as cousas, pero como? Cooperando, indo pouco a pouco, paseniño. Porque todo cambio comenza con un paso. Todas estas ideas que poden soar a lugares comúns pero pensamos que é importante traelas ás aulas. Do contrario, aseguramos  atitudes de resignación e inmovilismo.

Son interesantes os debates neste punto, algún pensan que nós non podemos facer nada pero sempre hai unha maioría ampla nas clase que opina que se pensamos así nada vai cambiar. Dámoslles alternativas, opcións de colaboración. Amosamos o traballo das ONGD en Galicia e que si, que é posible, que hai xente que xa o está a intentar. Por iso adicamos a última parte do obradoiro a que busquen na web unha ONGD que faga un traballo que lles pareza interesante e, para rematar, que lles fagan un vídeo de animación.