Diferentes maneiras de mirar o mundo foi o punto de partida deste obradoiro sobre cooperación internacional e voluntariado. O obxectivo era visibilizar as desigualdades e situalas nun mapa.

María fixo un percorrido polos Obxectivos Sostibles do 2030 e o alumnado puido comprobar que, ao longo deste curso, se foron debullando nos distintos obradoiros do Epdlab. Destacou María a importancia da sociedade civil na consecución destes obxectivos e, para iso, nada mellor que dar a coñecer as ONGs que fan labores de cooperación internacional. Un xeito de implicarse é a través do voluntariado, unha forma de participación na que a xuventude ten moito que aportar.

Para rematar a sesión, a fase práctica. O alumnado tivo que promocionar unha ONG, utilizando a App Pic Pac ou Tik Tok.

De novo, unha boa aprendizaxe.