Como son as relacións norte-sur en materia de consumo? Moitas veces a grandes multinacionais realizan prácticas “non xustas” en materia de consumo, e en moitos casos xustamente en países en vías de desenvolvemento. Hoxe traballamos a soberanía alimentaria e o comercio xusto. Un dos anuncios que propoñemos como contrapublicidade é para facer crítica a unha empresa téxtil que presumiblemente utilizou para os seus deseños os traxes típicos dos boteiros do entroido vianés.