Neste mundo actual, marcado polo consumismo e a publicidade non está de máis adicarlle uns momentos a reflexionar sobre as estratexias publicitarias e as mensaxes que transmiten as marcas, para fomentar o consumo dos seus produtos.
O alumnado sorprendeuse polas poucas multinacionais que controlan numerosas marcas. De seguro que, a partir de agora, será máis crítico ou, polo menos, acordarase desta sesión e mirará algúns dos produtos que consome habitualmente. Estarán xa preparados para un consumo responsable? Seguramente non, pero por algo hai que comezar.
Como actividade, tiveron que crear un cartel de contrapublicidade (en canva) para poñer a proba a súa creatividade. De novo, sesión interesante.