O alumnado de FP Básica e PMAR lembramos con especial agarimo a sesión do mes de marzo,
foi xenial poder ver parte da realidade doutro centro educativo coma o noso, pero separado por un océano.
A República Dominicana non é un sitio que nos sexa descoñecido, porque contamos cunha das nosas compañeiras que é dominicana.
A posibilidade de comunicarnos a través de videocartas, resultou unha experiencia realmente agradable, intentamos acercarlle a realidade do Pintor Colmeiro de Silleda ao centro de Montecristi de República Dominicana.
O noso centro está caracterizado pola súa fermosa contorna natural e por suposto polo seu alumnado cos nosos gustos e afeccións (Rap, trap, reggaetón…). Queríamos ensinar todo o centro, pero como era pouco viable centrámonos en espazos coma o patio onde xogamos, o mural do noso emblema (o carballo), a aula de física e outras aulas de clases, zonas de lecer como a pirámide que está no centro do noso patio principal, entre outros…
Coñecer a realidade doutros países e rapaces de idades similares ou próximas ás nosas, axuda a comprender feitos, costumes e situacións que doutro modo sería máis complicado e menos comprensible.
Grazas por acercarnos a súa realidade e por trasladarlle a nosa!
Pensando xa no inminente Hackatón!!!