Despois de repasar os contidos da sesión anterior, Roi presentou aos mozos e mozas da República Dominicana e viron as videocartas que lle mandaron. Coñeceron a súa escola e o seu modo de vida.

A actividade a realizar consistía na gravación dun vídeo no que o alumnado vilagarcián respostou ás preguntas que lle facían: como era o clima, se eran amistosos, se se cortaba a auga, o tipo de música que lle gustaba ou os seus deportes favoritos.