Durante esta sesión poidemos aprender o que significa ser un consumidor responsable. Cando compramos alimentos temos que ter en conta certos criterios sociais e tamén medioambientais, temos que intentar consumir co menor impacto posible no medio ambiente. Grandes corporacións como Coca-Cola fan unha marabillosa publicidade para que consumamos o seu producto pero poidemos ver que como corporación o seu comportamento non é nada ético. A sobreexplotación dun acuífero na súa fábrica de El Salvador supuxo unha forte ameaza para as persoas que vivían na zona. Por este motivo, e a modo de denuncia fixemos contrapublicidade.