Tendemos a xulgar pola pel, pola cor, polas diferenzas culturais… Seguimos facéndoo a pesar de que as diferenzas nos poderían enriquecer, e moito. Desta volta, o obradoiro EPDLAB afondou no tema dos prexuízos étnicos. En palabras de Antón, “o outro día tivemos unha charla con AGARESO, e estivemos falando sobre os prexuízos de cara a grupos de persoas, coma poden se os xitanos… visualizamos diferentes situacións e mesmo instalamos unha app para crear texto contra os prexuízos!!”