Cando se fala de aprendizaxe significativa falamos dunha aprendizaxe que o alumno integra, non memoriza, xa que o aprendido está relacionado coas súa experiencia, co seu día a día. Falamos de aprendizaxe siginificativa cando nunha aula de 2º de ESO, mentras  se desenvolve unha actividade, un alumno que habitualmente se senta detrás se levanta, colle o diccionario e le: “Xitano: aproveitado, astuto, enganador”. ou “Gitano: trapacero (que con astucias, falsedades y mentiras procura engañar a alguien en un asunto)”. Así é como nos vedes? Preguntou o rapaz. Silencio.

O obradoiro continou e xerou moitas reflexión, non só neste centro senón en todos os demais. Xa sabemos que a linguaxe dos dicionarios reflexa os usos, pero non menos certo é que eses usos derívanse dunha forma de pensar. O pobo xitano leva anos cargando con unha serie de estereotipos que dificultan o seu día a día. E moitas veces vense na obriga de invisibilizar a súa identidade para non ser rexeitados. Da mesma forma que como sociedade somos quen de construír estereotipos a afirmalos na linguaxe, tamén temos a capacidade de eliminalos.

 

Ao igual que a linguaxe verbal é un punto de partida interesante para reflexionar sobre a relación que temos a nosa sociedade coas persoas xitanas que viven nela (dende hai centos de anos!) a linguaxe dos medios tamén é un indicador dunha percepción xeralizada sobre os xitanos, aquela da que nos falan os realities que tanto dano fan. Aquela que denunciara FSG coa súas campaña #TelebasuraNoEsRealidad

Falamos de todo isto na sesión 5 de EpdLAB. Fixemos varios xogos a nivel grupal e individual para ver de que maneira os nosos puntos de vista están condicionados por certos prexuízos e rematamos facendo textos animados por unha sociedade libre deles ou, polo menos, máis respectuosa cos colectivos culturais cos que convivimos.