Nesta sesión Roi traballou co alumnado un tema actual e importante: o racismo. Partindo dunha curtametraxe For the birds, puidemos comentar as distintas actitudes de rexeitamento ao diferente. As actividades plantexadas, noticias desenfocadas, pretendían fomentar a reflexión dos estudantes a través dos sentimentos que lles espertaban as noticias ou da cualificación que lles merecían algunhas profesións. Adxectivos como esforzo, constancia, positividade foron abrindo camiño ata chegar á conclusión. Atopáronse de frente con persoas de raza xitana que pasaban por situacións absurdas e inxustas só polo feito de ser xitanas.

O alumnado deuse conta de que non debemos xulgar a ninguén só por pertencer a unha étnia ou grupo determinado.

Para rematar esta sesión, fixeron un texto animado cun texto que transmitise todas as ideas das que se falaron. A app utilizada foi Legend.