Nesta nova xornada do #epdlab acompañáronnos María e Roi, facéndonos reflexionar sobre o significado das palabras e a discriminación que pode supoñer en determinados contextos. Vimos o vocabulario que xeralmente se utiliza na prensa para referirse a migrantes (“ilegais”, “sen papeis”…) e as inxustizas que acarrea… E é que moitas veces se crean situacións de medo e alarma usando expresións e palabras como “crisis e presión migratoria”, “avalancha”, “salto masivo”… cando o que hai de fondo é un problema social a nivel global que moitas veces non queremos ver. Logo construímos gifs alusivos á actividade.