Nesta sesión de febreiro o alumnado do IES Pintor Colmeiro traballamos sobre a importancia da comunicación en positivo contra o racismo.

Analizamos, por medio de numerosos exemplos, como os medios de comunicación manipulan e distorsionan a realidade mediante visións estereotipadas.

O uso de estereotipos na comunicación conleva danos asociados, como por exemplo os ocasionados ao pobo xitano.

E resulta canto menos curioso, como moitas veces consumimos programas televisivos que representan unha realidade non obxectiva, senón sesgada e chea de tópicos que o único obxectivo que buscan é conseguir a maior audiencia posible, sen importar a ética nin os valores morais.

Un caso de tantos é o programa dos ‘Gipsy kings’, despois de coñecer as opinións de xitanos, que en nada teñen que ver coas familias que aparecen no ‘reality’, dámonos conta da importancia de ser críticos e reflexivos con todos os contidos que nos chegan a través dos medios de comunicación.

A culpa de que a parrilla televisiva emita programas que distorsionan a realidade, no fondo é culpa da audiencia que consume este tipo de contidos.

Para poder empatizar con outras culturas é básico coñecer a súa realidade, e non as súas anécdotas ou estereotipos infundados. A telebasura non é a realidade!

Na sesión saíron reflexións tan interesantes como:

” Todos somos iguais, é inxusto discriminar por ser dunha raza diferente”

“Porque unha persoa sexa doutra raza e/ou país non é xusto pensar que rouba, hai que confiar na xente”

“Hai que dar oportunidades ás persoas para poder coñecelas”

“Todos somos iguais e non por ser dunha raza ou cor distita somos mellores ou peores”

 

Coñecer a opinión dos propios marxinados tamén nos axudou a empatizar con eles, ver como se senten ante os estereotipos e como se avergoñan do que se transmite deles.

 

Esta sesión pode ser levada á aula diaria a través da educación en valores.

 

Rematamos a sesión creando os nosos slogans contra o racismo axudados da app ‘Legend’

 

Gracias Roi e grazas a Agareso!