Despois do obradoiro de xaneiro, aos alumnos do IES Pintor Colmeiro de Silleda xa non nos deixamos manipular polos “bulos”. Con Roi aprendemos a analizar as noticias e detectar cando son falsas ou verdadeiras. Non está na nosa man parar estes bulos, pero si desenmascaralos e non axudar a difundilos. Pensar antes de enlazar!