Neste obradoiro, aprendimos o que son os estereotipos. Moitas veces, os medios de comunicación manipulan a realidade e obtemos unha imaxe estereotipada e negativa de certo grupo de persoas, como, por exemplo, as persoas de etnia xitana. Programas como “Gipsy Kings” fan bastante dano a este colectivo xa que os estereotipos e prexuizos favorecen actitudes racistas na sociedade. De feito vimos un programa onde os propios xitanos eran bastante críticos con este reality e comentaban que non recoñecían a súa cultura nese programa. Durante esta sesión utilizamos a app Legend para facer unha foto acompañada dun texto ontra o racismo.