Comezamos o ano cun interesante tema, Os bulos ou Fake news. O alumnado tivo que reflexionar acerca da veracidade ou falsedade de catro noticias. A conclusión foi que non é nada fácil distinguilas; por iso, debemos prestar atención e non quedarnos só co titular.

A lectura crítica dos textos é unha aprendizaxe que non se debería esquecer. Roi presentoulles a mesma noticia, pero en diferentes xornais, para evidenciar como se pode manipular aos lectores e lectoras e condicionar a súa opinión. Manipulación a través da palabra e, tamén, da imaxe.

A continuación, visionamos o vídeo Manual para que no te la cuelen, que foi esclarecedor. A rapazada xa estaba preparada para a fase práctica, a edición dun vídeo (con Videoshow, Vivavideo ou Kinemaster) no que, utilizando datos reais, puxesen freo aos bulos.