Como se ve o xénero dende a oóptica dos medios de comunicación? Moitas veces, dependendo de se é un home ou unha muller quen aparece nun medio, muda a vestimenta, o guión… Observamos que en certa medida, tamén dende os medios se exerce certa violencia sexista de cara ás mulleres, moitas veces tan sutil que nin nos paramos a pensar nela. Pero aí está! No vídeo, pode verse unha penosa escea dunha coñecida serie de TV dobrada marabillosamente polo noso alumnado.