Este novembro tivemos no IES Pintor Colmeiro a 2ª sesión de epdlab, na que participaron o alumnado de formación profesional básica e algúns alumnos da ESO.

Esta vez demos un pasiño máis na análise dos medios de comunicación, a través de estudar as mensaxes subliminares dos mesmos:

  • Roles distintos na publicidade en función do sexo, por exemplo na moda:
    • Muller: imaxe negativa e denigrante (indixente, borracha, drogada, triste…)
    • Home: imaxe positiva (elegante, con clase, poderoso, heroe…)
  • Representación de xéneros na televisión: entrevistas nas que desperta maior interés das mulleres entrevistadas o seu aspecto físico ou con que tipo de roupa interior durmen, que o seu traballo profesional (todo vale, o único obxectivo é conseguir ter audiencia aínda que eso supoña menosprezar e denigrar ás mulleres)
  • Visión do amor romántico: a través de casos cotidianos do entorno cotiá do alumnado (películas como 50 sombras de Grey) analizouse a forma en que os medios tratan as relacións ”románticas”. Destaca neste apartado a idea de que ‘vai a cambiar por nós’; ‘o amor todo o pode’; ‘só miña’ (quérote tanto que só te quero para mín)

O alumnado coñecía o tema, pero non en profundidade, a escoita e atención foi atenta e activa (por exemplo o do amor romántico). A vinculación con experiencias persoais seguiuse tratando nalgunha aula a posteriori. A estas idades resulta básico discernir entre ficción e realidade, e coñecer como a imaxe dos medios de comunicación sobre un aspecto pode incidir de forma consciente ou inconsciente na formación e actitude das persoas á hora de relacionarse cos seus iguais.

Na parte práctica destacou o emprego da app MadLipz. Realizouse unha dobraxe de vídeos, dándolle unha volta feminista!

Os contidos aquí abordados poderían vincularse por exemplo ao módulo de fpb ‘Técnicas básicas de Merchandising’, relacionando os elementos e displays empregados para atraer a posibles clientes en función do seu sexo…

Asemade, todo o aquí tratado pode incluírse dentro das dinámicas de traballo da titoría

Como docente aprendín que tanto micromachismos como machismos seguen moi inmersos na nosa sociedade. A diario chega a nós información e entremento, a través dos medios de comunicación, que consumimos sen analizar. A sesión que fixemos lembra a necesidade de filtrar toda a información que nos chega: publicidade, películas, cancións, programas de entrevistas….

A transmisión de roles de xénero a través dos medios de comunicación afectanos a todas e todos!!!

Sesión 2 IES Pintor Colmeiro_traballando na aula

IES Pintor Colmeiro_sesión 2
Traballando na aula

Sesión 2_ analizando…

Sesión 2_ ‘Se ha echado novio’

Entrevistas a mulleres