Nesta ocasión pregúntolles aos alumnos e alumnas que estiveron a facer. Dinme que viron como famosos do panorama actual da TV “fan de menos ás mulleres”, e que tamén comentaron imaxes publicitarias que teñen visto pero que nunca se pararan a pensar que nelas os homes aparecen fortes, atractivos,… e pola contra, as mulleres parecen incómodas, asustadas, ebrias,… Xurden un montón de adxectivos que lles fan reflexionar… Despois utilizaron a aplicación Madlipz nos móbiles para facer dobraxes de anacos de películas cós que tocaron o tema do machismo. Non vin aínda o resultado, pero anticipo que foi TODO UN ÉXITO: en menos de media hora deberon facer uns 9 ou 10 dobraxes. XENIAL!!. Outra vez disfrutei vendoos disfrutar a eles e a elas.

Dende aquí felicito a Roi e ao grupo de 2º da ESO D do IES do Milladoiro.