Nesta primeira sesión de EpdLab, os alumnos de 3º PMAR e F.P.Básica 1 & 2 dos IES Pintor Colmeiro aprendemos con Roi a detectar actitudes e comentarios sexistas nos medios de comunicación. Antes de poñernos mans á obra, completamos unha enquisa sobre os nosos intereses e as nosas percepcións sobre diferentes temas como o sexismo ou a pobreza.
Na seguinte actividade, analizamos certas actitudes sexistas que con frecuencia se poden atopar nos medios de comunicación. A partir de fotografías de mulleres deportistas de éxito, propuxemos un titular para esa imaxe. Comparando os nosos titulares cos titulares aparecidos na prensa, decatámonos das observacións sexistas en canto á roupa ou á aparencia física destas mulleres deportistas.
Para rematar, en pequenos grupos creamos lemas feministas que acompañamos de fotografías de nos mesmos.