O pasado 11 de xuño Roi visitounos por última vez neste curso para poñer o broche de ouro ao Epdlab 17/18 no IES Castro Alobre. E que fixemos nesta última sesión? Pois botamos a vista atrás para caer na conta, con satisfacción, de que aprendemos unha chea de cousas… e lembrámolas despois de tantos meses! 

Fixemos un rápido repaso polos obradoiros: os contidos traballados, os materiais, as aplicacións coas que creamos os nosos contidos…

Despois diso, fixemos todos xuntos un panel resumo; a conclusión á que chegamos é que, sobre todo, no Castro Alobre quedáronnos claras as seguinte cuestións e adquirimos as seguintes habilidades:

  • Recoñecemos sen dúbida noticias, anuncios ou ficcións machistas, e non nos gustan un nadiña.
  • Aprendimos que non debemos, nunca, xulgar a unha persoa antes de coñecela.
  • Estamos convencidos de que todos e todas debemos ser iguais, ter os mesmos dereitos e oportunidades, sen importar o noso nexo,  a nosa pel, a nosa nacionalidade…
  • E sobre todo, aprendimos que, aínda que somos gotiñas no océano, o que facemos importa, e moito. O que facemos respecto do planeta, dos recursos, dos nosos semellantes… Porque se somos moitos e moitas facendo pequenas e grandes cousas, o noso mundo será mellar, sempre.

Moitas grazas, Agareso, e moitas grazas a Roi e María. Ata pronto!