A educación sucede en calquera lugar en calquera momento. A educación non é, está sendo. Por iso é tan importante para todas as que estamos detrás do EpdLAB traballar con diferentes ferramentas e linguaxes, traballar con temáticas o suficientemente amplas pero o suficientemente concretas como para exista a empatía. Para que non sexan aprendizaxes das que gardamos nun caixón das nosas cabezas ao rematar senón aprendizaxes que leven a cambios, a accións. Porque a conciencia social que non leva a cambios nas actitudes non serve. Por iso na última sesión preguntamos que aprenderan e, sobre todo, que querían cambiar con esas aprendizaxes.

E por iso é tan bonito cando en diferentes cartolinas, post-its, materiais de traballo din que as ferramentas que empregamos foron as de: “Editar vídeos, traballar con xornais, facer memes e gifs, cine, Instagram, facer dobraxes, publicidade enganosa e contrapublicidade. comunicación por medio de imaxes…”

Que as temáticas que mellor lembran son: “Igualdade, cosificación, diversidade, respeto, estereotipos, cooperación, voluntariado, roles de xénero, StopBulos, consumo responsable, as malas prácticas dalgunhas das grandes empresas, refuxiados, fake news, migracións, os ODS, participación activa: acitivista, doante, socio, culturas.”

Que os coñecementos que sacaron deste meses son: “Aprender das culturas doutros países, detectar noticias falsas, pódese colaborar con diferentes ONG’s, aprender co móbil e de forma divertida, detectar contidos racistas ou machistas nos medios, ver a realidade, consumir produtos locais e de temporada, coñecer a outros rapaces, aprender a utilizar Instagram e Twitter para algo máis que para as nosas contas persoais, ser críticos coa información que recibimos, desfacerte dos prexuizos…”

E por iso, e unha gozada, ler mensaxes nos murais como “Cambiemos! Fóra prexuízos! Yo si te creo, hermana. #epdforever Un mundo inclusivo só se consegue loitando xuntos! Coeducación. Podemos cambiar, paso a paso, lo vamos a lograr. Puedes ayudar, influye en las redes sociales. Quiero ser profesora de voluntariado” <3

E porque este proxecto é unha aprendizaxe constante para nós. Esíxenos estar ao dia, escoitar para ser escoitados, traballar e xestionar a participación activa, motivar e fomentar a creatividade. Tamén, atender aos tempos e aos condicionantes do espazo/tempo escola. Ser permeables a un mundo, o da adolescencia, que cada vez se afasta máis de nós pero no que non deixamos de ver semellanzas coa nosa propia adolescencia. E porque a aprendizaxe para a transformación social ten que inserirse naqueles espazos onde a incidencia é posible, é real. Por iso temos que estar nas aulas, e por iso e tan, tan, tan, bonito acompañara un proxecto coma este ano tras ano.