Hoxe tivemos no Castro Alobre a penúltima sesión deste curso con Roi, e adicámola a reflexionar sobre cal é a nosa visión do mundo no que vivimos, recuperamos conceptos como a subxectividade, a igualdade, e introducimos algúns novos como cooperación e voluntariado.  Comezamos vendo que a nosa perspectiva está fortemente influenciada polos mapas, o que mostran e o que non, as desigualdades que esconden, a posición privilexiada duns poucos.

A continuación falamos de caridade, colaboración, cooperación, do que podemos facer cada un de nós para contribuir á construcción dese mundo libre de desigualdades do que levamos falando todo o curso. Roi fixo unha importante reflexión sobre o asunto: formándonos, como educadores e como alumnos e alumnas, xa estamos poñendo o noso gran de area para alomenos ir cambiando a mirada.

Para rematar, traballamos coa App Pic Pac na difusión das nosas ideas e do traballo dalgunhas ONGD´S.

Foi unha xornada ben interesante.