Nesta octava sesión Roi amosounos un gran abanico de propostas  para a cooperación,  dende organizacións de voluntariado a nivel internacional ata outras de carácter máis próximo e local. E insistiunos en que uha vez que aprendemos a recoñecer e denunciar a inxustiza social, o seguinte paso sería aportar o noso grao de area, para que o mundo vaia cambiando.

Non debemos conformarnos, aínda que nos pareza que un só non pode facer gran cousa.  Os cambios só se conseguen sumando moitos graos de area. Todos son necesarios, aínda que sexan pequenos.

Rematamos a sesión grabando vídeos para difundir todas esas propostas de cooperación e facer unha chamada para animar ó voluntariado.