Nesta nova sesión, o noso alumnado traballou e reflexionou sobre as mensaxes publicitarias e as súas estratexias de comunicación! Prestamos especial atención a todo o que ten que ver coa industria alimentaria e as consecuencias que ten nas economías dalgúns países as accións de grandes empresas que só pensan en aumentar os beneficios económicos.

O noso alumnado  foi quen de achegarse ao concepto de consumo responsable e elaborou toda unha serie de imaxes para atacar con contra-anuncios.