A sesión de contrapublicidade sempre resulta moi interesante ano tras ano, e tamén moi atractiva para o alumando. Trátase dunha ferramenta de “comunicación de guerrilla” que como tal,  favorece a expresividade e a creatividade. Este foi o final da clase, a da creación de contra-anuncios, pero por onde comezamos?

Comezamos falando de publicidade, como non podía ser doutro xeito. Analizamos as diferentes estratexias que ten o marketing para convencernos de comprar un produto. Falamos de deportistas de elite como reclamo para produtos moi pouco saudables ou de como certas marcas queren que asociemos un estado de ánimo ao consumo dunha bebida ou a un estilo de vida. Pero a felicidade non está aí, a felicidade está na igualdade, e por desgracia as grandes empresas non fan todo o que deberían para asegurala.

Por iso, analizamos algunhas das malas praxes das empresas e como a publicidade as veces agocha detrás certos enganos, ou non conta o que non quere que se escoite. Demos voz a comunidades en El Salvador ou en outros países que loitan polo acceso aos seus recursos naturais as veces expropiados para beneficio de empresas doutro lado do mundo. Falamos tamén de deforestación e de como as nosas decisións como consumidores deste lado do mundo ten consecuencias noutros lugares e para outra persoas, que non os vexamos non quere dicir que non existan.

Tamén destacamos o valor que o comercio xusto e outras alternativas de consumo solidario teñen para o planeta. Porque aínda que as veces nos sintamos moi pequenos para os retos que temos por diante o cambio comeza nun mesmo. Propuxemos alternativas e falamos de que un cambio a nivel local, por moi pequeno que sexa, pode ter un impacto a nivel global.

Rematamos tal e como comezaba este post: facendo contrpublicidade Isto é, subvertendo as mensaxes dos anuncios e reapropiádonos do seu discurso para construír un discurso crítico e alternativo, para aportar o noso gran de área por unha economía máis xusta.  Aquí tedes os traballos, desfrutádeos!