Que se coce este mes no EPDLAB? Pois reflexión sobre publicidade: que nos venden, como o fan, de que xeito nos convencen… Aprendemos cousas como que as botellas de plástico tardan ¡¡¡mil anos!!! en degradarse, e que as grandes multinacionais sobreexplotan os acuíferos e acaban cos recursos que son de todos.
E que hai da soberanía alimentaria? Que podemos facer nós, persoíñas , para contribuir a mellorar a xestión dos recursos?
Sobre todo isto falamos e logo puxemos as nosas neuronas a traballar arreo para crear carteis contrapublicitarios coa axuda de Canva. Abofé que tivemos un fin de xornada ben interesante.
Coma sempre, moitas grazas a Roi.