Na última sesión Roi achegounos a El Salvador. Comezamos situándoo no mapa, tiñamos unha idea de por onde andaba, pero agora xa o temos claro.

Reflexionamos sobre o sea modo de vida, as  afecións e intereses dos o rapaces e rapazas salvadoreños, e o alumnado puido comprobar que non están moi lonxe dos seus propios. 

Para rematar, e como contestación ás videocartas recibidas, os alumnos e alumnas elaboraron as súas mensaxes amosándolles o noso centro e compartindo o que fan no seu tempo de lecer, o que estudan, as actividades que fan fóra da escola… Ao fin as mensaxes de volta era ben parecidas ás recibidas. Foi toda unha aprendizaxe.