Co mes de marzo chega un dos talleres máis especiais para o noso alumnado pois nel teñen a ocasión de coñecer como é a vida de nenos e nenas da súa idade que estudan na Escuela Montecristo do Salvador.

Tras ver as videocartas enviadas polo alumnado salvadoreño, o noso grupo preparou unha serie de vídeos para ensinarlles a súa vida no IES do Milladoiro e responder ás súas cuestións.