Nesta sesión, pudemos achegarnos á vida dos rapaces e rapazas dun colexio de El Salvador: as instalacións do centro, a comida, as costumes, o clima, as dificultades e oportunidades no seu día a día…
Na parte final, o alumnado participante quiso percorrer as instalacións do centro escolar, narrando nos vídeos algúnhas curiosidades do noso centro e da vida en xeral en Bueu.
Penso que coñecer deste xeito outras culturas, achegarse e establecer contacto con mozos e mozas da súa idade axuda a que o noso alumnado cuestione algúns esteriotipos e prexuízos, active condutas solidarias e mais empáticas sustentadas polos dereitos humáns.