Desta vez o taller do EpdLab quixo servir de ponte entre o noso alumnado e o da ilha de Montecristo, en El Salvador, achegando e confrontando duas realidades ben distintas.

Nas videocartas dos rapaces de El Salvador puidemos coñecer o seu día a día, moitas veces sorprendente ante os ollos dos nosos, pero  explicado con alegría e amosando orgullo polo seu.

Certamente, o feito de teren idades semellantes, fixo que os de aquí se sentisen, ó mellor, un pouco máis interpelados que durante outras sesións.

Non sei se os nosos alumnos, que  non sempre son conscientes da cantidade de recursos que poden desfrutar e que, mesmo ás veces desperdician, non sei se saberían transmitir a mesma alegría e orgullo polo noso, pero esperemos que as videocartas do noso alumnado agraden do outro lado do océano e satisfagan  a curiosidade amosada por aqueles nenos de El Salvador.