O pasado luns tocou obradoiro Epdlab, esta vez para seguir falando de racismo, do que nós percibimos e da imaxe que os medios nos dan de certos colectivos.

Entre outras cousas, vimos unha serie de imaxes “cegas” sobre as que Roi nos dixo que plasmásemos nun papel o que nos facían sentir ou pensar. Estas imaxes ían acompañadas de declaracións en primeira persoa que reflexaban situacións de discriminación e menosprezo. Non foron sensacións agradables. Logo Roi desvelounos que todas esas situacións correspondían a persoas xitanas. Non nos gustou nada saber iso. No noso centro e na nosa aula temos compañeiros e compañeiras de etnia xitana e non queremos que ninguén os trate así.

Despois volvemos coa dinámica das noticias “borrosas”, coa que xa traballamos noutras ocasións, pero parece que desta vez andamos máis avispados para pilllar o verdadeiro contido.

Tamén puidemos reflexionar sobre o corto de Pixard The Birds e a súa mensaxe.

Rematamos a sesión construindo mensaxes contra o racismo coa aplicación Legend.

Coma sempre, aprendimos unha chea de cousas.