Na sesión de febreiro do EpdLab o alumnado do IES Plurilingüe Pintor Colmeiro reflexionou sobre os estereotipos e  tratamento que se lle dá ao colectivo xitano nos medios de comunicación. Partindo da pregunta “Todos os xitanos son iguais?” pasaron ao visionado dun vídeo no que varias persoas de etnia xitana manifestaron non sentirse identificadas cos estereotipos que hai na nosa sociedade sobre este colectivo. Moi salientable o feito de que unha delas afirmase que ás veces se teñen que invisibilizar … o alumnado lembrou as palabras de Rosa Díez “gallego en el sentido peyorativo de la palabra”… como doen algunhas palabras! Nesta sesión teremos que seguir afirmando que “a linguaxe importa”. Con este tipo de actividades damos un paso adiante para propiciar cambios neste eido.