O pasado mes de xaneiro seguimos a darlle voltas con Roi ao tema dos prexuízos. Xa van unhas cantas voltas este curso, non? Desta vez centrámonos en analizar que papel xogan os medios na transmisión desas ideas preconcebidas que todos e todas, aínda que pensemos o contrario, temos interiorizadas.
Vimos un estupendo vídeo feito por Red Acoge na súa campaña Inmigracionalismo. Recomendámosvos que o vexades, cambiará a vosa perspectiva dos titulares de prensa e televisión. A nós abriunos os ollos; hai que ver como cambia a cousa cunha soa palabra.
Para rematar os alumnos e alumnas crearon en grupos os seus memes contra o racismo, convertendo esta coñecida ferramenta na nosa arma contra os prexuízos.
Estamos desexando que chegue a próxima visita do EPDLAB!