Un ano máis arrinca o proxecto EpdLab nas aulas de 5 centros de Galicia. Non podemos estar máis felices de facelo un ano máis xa que deste proxecto, como dimos conta ao rematar o ano pasado, sempre sacamos un feixe de aprendizaxes que despois levamos a outros contextos. Quizais unha das cousas máis bonitas deste traballo está en que as sesións están preparadas de tal maneira que dan pé a xerar entre o alumnado moita participación e impulsar a súa creatividade o que sempre leva ás sorpresas. ¿Como engancharan este ano os grupos?¿como traballarán?

Dous centros, o IES do Milladoiro e o Carlos Casares de Viana do Bolo, continúan con nós dende o principio. Traballamos en ambos caso con grupos-clase de 2º de ESO e na primeira sesión puidemos comprobar que ambos son grupos dinámicos e participativos. A sesión foi interesante pola motivación que amosaron neste día. Tamén vemos como cada ano o alumnado avanza en certas cuestións, e non só nestes dous centros. Por exemplo, unha das primeiras actividades que facemos é unha actividade “trampa”, na que nunha cartolina deben poñer que características diferenzas ao sexo feminino do masculino. Cando comezamos a facer esta actividade hai unas anos aparecían cousas como a “sensibilidade” (mulleres) ou “habilidade” (homes), algo que despois retomábamos para facer da construción de xénero. Hoxe en día este debate o teñen máis superado e se alguén escribe unha desas ideas o resto do grupo as discuten; parece que a rapazada non é tan allea aos acontecementos socias dos últimos anos como as veces se pensa.

Volvendo aos grupos, este curso seguimos en Silleda e Vilagarcía, pero neste caso con dous grupos un tanto especias xa que, en ambos centros, centros traballaremos con alumando de PEMAR e FP básica. Un reto para nós xa que queremos que estas actividades, ademais de contidos e debates, sirvan para motivar a un alumando polo xeral un tanto desafecto do sistema educativo. Temos por diante 8 sesións para conseguilo, e nesta primeira quedamos moi satisfeitos. Sobre todo co grupo de Vilagarcía, xa que ao ser só 11 nos permite traballar dunha forma máis personalizada e adecuada ao ritmo do grupo.

Por último, este ano comezamos unha andaina no IES Illa de Ons en Bueu. De novo un grupo misto de dúas clases de 2º de ESO. Sorprendeunos moi gratamente neste centro a vontade de traballo de profesorado e equipo directivo. Agardamos que sigan así nas seguintes sesións! E sobre todo, agardamos xa con ganas a chegada da segunda sesión na que despois das presentacións, comezaremos a traballar con maior intensidade.