Nesta sesión, o alumnado tivo a oportunidade de seguir profundizando no tema do racismo e da xenofobia.

A través de novas de prensa nas que só podían lerse certas palabras ou frases, os e as mozas de 3ºESO poideron reflexionar sobre cómo a linguaxe nos medios de comunicación ofrecen un tratamento diferente e fomentan esteriotipos contra, por exemplo, á persoas de etnia xitana.

Illando a influencia que os prexuízos poideran ter, o alumnado valorou as cualidades da personalidade de diferentes persoas que resultaron ser migrantes ou doutras etnias. As súas testemuñas en vídeo deron conta dos retos aos que se enfrentan para superar eses prezuízos no día a día.

Pasando xa ao campo da acción social e da participación, o noso alumnado elaborou mensaxes na aplicación Leyend para concienciar ós seus iguais e á sociedade sobre o reflexionado e o aprendido na sesión.

De novo, as redes sociais se revelan como unha ferramenta para o fomento de valores socialmente positivos.